Panel presentado nas xornadas «a cidade dos barrios»

27 de Decembro do 2009 publicado por proxectozero

Durante o pasado mes de Novembor, tivo lugar na AA.VV de Monte Alto as xornadas «a cidade dos barrios» organizadas por Ergosfera.

As compas de Proxecto Zero participamos deste evento que pretendía cartografiar a realidade social de M.A. por medio da interacción coa vecinhanza, elaborando un panel que có que explicamos o proceso de creación da horta urbana do Campo de Marte, en comaboración coa AA.VV de Monte Alto o pasado curso.

horta

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Sen clasificar | 12 Comentarios »

CEA FESTA no CS Atreu! 17 ÁS 21:00h

14 de Outubro do 2009 publicado por proxectozero

cartaz cortado con logo

Na noite do 17 o Centro Social Atreu! acolherá unha cea organizada por Proxecto Zero.  O papeo, servido e cocinhado pola penha de Proxecto Zero está inspirado en varios pratos da tradición árabe… Tamén haberá espazo musical ocupado polo Raï maghrebí e música palestiniana… Sen mais, unha aperta compas. Até o sábado 17

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Sen clasificar | 52 Comentarios »

Almanaque de movilizaçóns

12 de Outubro do 2009 publicado por proxectozero

17 de Outubro – :::::::::: -     manifestaçóm polos dereitos das pessoas trans ás 19:00h no Campo da Lenha

17 de Outubro – :::::::::: -     cea-festa árabe no Atreu! ás 21:00h organizada por Prox Zero

18 de Outubro – :::::::::: -     Grande manifestaçóm pola defensa da nossa lingua ás 12:00h na Alameda de Compostela

18 de Outubro -  :::::::::: -    Movilizaçóm contra a Lei de Extrangeiría ás 17:00h na Praça das Comchinhas (Agra do Orçám)

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Sen clasificar | 12 Comentarios »

merendacea CANCELADA polo tempo

17 de Setembro do 2009 publicado por proxectozero

terá que quedar para outra ocasión…

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Sen clasificar | 28 Comentarios »

Mecanismos de xestión popular da cidade

16 de Xullo do 2009 publicado por proxectozero

4

Logo da intervención do Chiringo, parece apropiado abrir un período de reflexión no relativo aos mecanismos de xestión popular da cidade.

Son moitas as cuestións que nos asaltan no referente a este tema: ¿Como levar a cabo intervencións autoxestionadas pola cidadanía que teña en conta a tódolos actores urbanos? ¿Buscar consenso ou conflicto? ¿Como abarcar un proxecto global con estas características? ¿Cales son os mecanismos de participación máis efectivos ou máis apropiados? ¿Como introducir no proxecto global as iniciativas locais? ¿Como detectar demandas sociais, puntos conflitivos, potencialidades, áreas de oportunidade? ¿Cales son as repercusións de este tipo de dinámicas?

Quedou patente na acción do Chiringo que unha das maiores trabas a hora de afrontar este tipo de proxecto son as que poñen a política e urbanismo oficiais con todo o instrumental que teñen á súa disposición: burocracia (leis anacrónicas baseadas en argumentos falaces), brazo executor (funcionarios aos que se lle elimina a capacidade de empregar o raciocinio, polo menos en horario de servizo, e aos que se lle paga por executar ordes que, en ningún momento poderán cuestionarse), a ameaza da sanción,… e toda a serie de mecanismos de imposición que impiden, ou iso pretenden, calquera posibilidade de intervención cidadá no espazo urbano ao marxe dos técnicos do concello.

Na cidade contemporánea danse diversos exemplos de procesos urbanísticos autoxestionados non recoñecidos polo “urbanismo oficial”: procesos de okupación a distintas escalas (terras, casas, centros sociais, prazas, barrios –véxase o exemplo de Christiania-), hortas urbanas, canles de expresión popular (pintadas, cartaces, graffitis),… Habitamos unha cidade viva, complexa e en constante cambio que o poder dirixente, cos urbanistas ao seu servizo, se empeña en controlar mediante mecanismos estáticos e reaccionarios, incapaces de comprender as potencialidades que esta complexidade presenta.

Entre tanto, son diversos os actores urbanos que levan tempo traballando en esclarecer moitas destas cuestións e construíndo cidade dende o común: centros sociais, asociacións de veciños, investigadores, artistas,… Nos tempos do coñecemento aberto e colectivo, parece pouco lexitimable a continuidade dun sistema baseado na imposición de decisións tomadas ao marxe do cidadán e que só contan con este a posteriori, cando se opón de forma activa ás mesmas.

So se pode vivir a cidade de forma activa dende a autoxestión do propio hábitat urbano.

Proxecto Zero

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Sen clasificar | 24 Comentarios »

Primeiras imagens

22 de Xuño do 2009 publicado por proxectozero

Preparando as macetas

Preparando as macetas

Medindo e cortando bases das macetas

A fazer a base das macetas

Preparando a massa

Misturando a massa

usuarios

Os protagonistas do espazo

proceso

Pintando os neumáticos – bancos

panorámica

panorámica2

Panorámicas

bautizo

Todo espazo público ten un nome

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Sen clasificar | 32 Comentarios »

Lugar da acçom

20 de Xuño do 2009 publicado por proxectozero

mapa

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Sen clasificar | 42 Comentarios »

20 Xunho. Crea o teu espazo, fai túa a cidade

15 de Xuño do 2009 publicado por proxectozero

cartaz2

Monte Alto é un espazo urbanizado que se extende dende o Campo da Lenha até a Torre de Hércules, mas para moitas das que o compartimos, o Bairro é algo máis que un simple entorno xeográfico contruido ao longo das décadas.

Ao falar de Monte Alto, nomeamos tamén un tecido social fiado paseninhamente a través dos anos cada vez máis feble. Este feito prolongado no tempo, ten conformado milheiros de personalidades directamente relacionadas có entorno.

Falamos de centos de historias, pequenas resistencias cotiás que se negan a desaparecer en silenzo ante a ameaza da especulación máis feroz.

É por iso que, asumindo a preocupación polo futuro do Bairro, decidimos recuperar un anaco del, sempre coa idea de que todas sexamos lexítmas responsábeis deste cativo recuncho onde poder compartir momentos de divertimento, trabalho ou simplemente comunicación. Unha pequena porción de chan que pretendemos afastar dos procesos especulativos e cuxo fin sexa recuperar e reforzar o carácter máis social da vecinhanza, en contraposición da actual mudanza que está a experimentar este enclave emblemático da cidade, que posíbelmente conlevará a desaparición destes nodos de relación, ailhando a cada quen na súa casa.

Esta proposta de recuperación dun espazo abandonado non é máis que unha ferramente á que todas temos acceso. Se compartes o noso interese pola
conservación da vida do Bairro, non dubides en empregala.

O vindeiro día 20 de xuño procederáse á inauguración dunha praza pública, recentemente remodelada para melhorar o seu uso, onde só había escombro e asfalto introduciremos novos elementos para o desfrute da vecinhanza: xogos, bancos, deportes, horta urbana…

A inciativa levarémola a cabo entre todas as persoas que estexamos interesadas en habilitar un novo espazo para o lecer do bairro, haberá obradoiros de horta e de construción de mobiliario urbano, podes traer as túas sementes ou prantas, compartiremos un agradable xantar e viviremos unha xornada de traballo lúdico que dará lugar a esta nova praza do desfrute colectivo.

Estade pendentes porque o día 20 comunicaremos o lugar exacto donde se ubicará a nova praza e, nesa mesma xornada, comezaremos a darlle uso e vida a un espazo morto, ao final do día haberá proxeccións e música, facede circular esta info!!

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Sen clasificar | 28 Comentarios »

2ª XORNADA DE PRODUCCIÓN MASIVA DE DOCUMENTOS

27 de Abril do 2009 publicado por proxectozero

as_atochas_2

MARTES  28 abril 2009_planta -2 ETSAC_participación aberta_formato libre

Nesta nova xornada seguirase investigando sobre a realidade do bairro das Atochas. Continuaremos a desenrolar as cartografías da  1ªXdPMD e faremos novas propostas.

Á primeira hora da tarde farase unha posta en común con todolos documentos elaborados e tentaranse sacar conclusións e ordenar o traballo de cara a unha posible exposición na zona das Atochas.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Sen clasificar | 41 Comentarios »

PRIMEIROS RESULTADOS da XdPMD

4 de Abril do 2009 publicado por proxectozero

No seguinte link pódense ver os primeiros resultados da Xornada de Producción Masiva de Documentos.

http://www.flickr.com/photos/ergosfera/sets/72157616253696005/detail/

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Sen clasificar | 7 Comentarios »

« Previous Entries

Olark Livehelp